jueves, 24 de abril de 2014

Cargando 85%

Esto xa vai collendo forma! O meu PowerPoint constará de entre 13-15 diapositivas (por agora), estruturadas en: unha inicial que sería a portada do material, a seguinte sería o menú inicial, e despois dependendo do menú inicial, teríamos un apartado ca teoría da que trata o material, outra ca practica e despois unha breve descrición do material. Recentemente decidín introducir no traballo un hipervínculo a un Word, no que os nenos poderán modificar co obxectivo de que o material non sexa tan monótono. Para poñer a teoría, decidín poñer unhas poucas regras que as quitei deste enlace:
http://www.spanish.cl/Grammar/Notes/Sustantivos_Masculinos_Femeninos.htm

Ademais, decidín incorporar un gif animado como o que vimos na clase de hoxe, para que o material resulte un pouco máis divertido e visual.
O material vai avanzando bastante ben e agora tereime que poñer a rematalo nestes días para ter tempo de facer a guía didáctica e preparar a exposición!
Saúdos,

Pablo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario