sábado, 19 de abril de 2014

Cambios!

Queda moito por facer, pero do que xa fixen, hoxe, me dediquei a retocar algunhas cousas sobre as que cambiei de idea, como o menú inicial, e ademais  fixen un apartado de información onde se explica acerca do material. Non quero centrarme tanto en que sexa un material impresionante senón, máis ben, en poder introducir as cousas que vimos na clase, sen que quede moi excesivo. Sigo dándolle voltas á idea dun personaxe guía para a presentación e algo xa avancei respecto diso. Mañá reformularei outra vez as preguntas pois non as teño de todo claras e o luns continuarei avanzado introducindo os sons a ver que tal... 
Saúdos,
Pablo. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario