martes, 6 de mayo de 2014

Traballo finalizado

Pois tanto o Power Point como a guía didáctica para ben ou para mal, están rematados. O meu material estrutúrase en 14 diapositivas formadas por : unha portada, un menú inicial, 5 diapositivas de preguntas, dúas diapositiva de información e axuda, dúas diapositivas de teoría e enlaces complementarios e finalmente un Word con máis actividades diferentes. Co cal solo queda darlle un repaso a todo e esperar con nervios á exposición.
Antes de nada, quero dicir, que este traballo meu pareceu moi importante pois pódenos axudar no día de mañá a facer que as clases sexan máis amenas e os nenos se mostren máis activos de cara ó aprendizaxe e ademais o poidan traballar na casa. Pareceume un recurso didáctico e tecnolóxico excelente.

Saúdos,
Pablo.


jueves, 1 de mayo de 2014

Rematando

Bos días, non queda nada para a exposición. O meu traballo vai bastante ben o PowerPoint xa está acabado, aínda que hoxe cambieille o fondo e as cores porque non me convencían. Este fin de semana tócame comezar ca guía didáctica e pola semana preparar a exposición con tranquilidade. Hoxe vou deixar uns links dos que quitei varios exercicios: 
http://contentmapas.didactalia.net/imagenes/Usuarios/ImagenesCKEditor/e1ccd637-a16e-4fe1-a14c-957c7bdc64e0/5027ae03-3761-4fa6-8b9d-c5c533635889.jpg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgdHIalq72_36rmfIkpcO4v8w_yYG9bUUFeubv2CS4DSHA3HAZltbTaYjGWqMG9uDzyU3svebUmE5etB0mOhLx2TjFVtsBqGU_KADDTN57QdXNZ4Mmgz2bmbcC7-Lqc7ZL6lfHUdPp1u6g/s1600/Sin+t%C3%ADtulo.png

Saúdos,
Pablo

jueves, 24 de abril de 2014

Cargando 85%

Esto xa vai collendo forma! O meu PowerPoint constará de entre 13-15 diapositivas (por agora), estruturadas en: unha inicial que sería a portada do material, a seguinte sería o menú inicial, e despois dependendo do menú inicial, teríamos un apartado ca teoría da que trata o material, outra ca practica e despois unha breve descrición do material. Recentemente decidín introducir no traballo un hipervínculo a un Word, no que os nenos poderán modificar co obxectivo de que o material non sexa tan monótono. Para poñer a teoría, decidín poñer unhas poucas regras que as quitei deste enlace:
http://www.spanish.cl/Grammar/Notes/Sustantivos_Masculinos_Femeninos.htm

Ademais, decidín incorporar un gif animado como o que vimos na clase de hoxe, para que o material resulte un pouco máis divertido e visual.
O material vai avanzando bastante ben e agora tereime que poñer a rematalo nestes días para ter tempo de facer a guía didáctica e preparar a exposición!
Saúdos,

Pablo.


sábado, 19 de abril de 2014

Cambios!

Queda moito por facer, pero do que xa fixen, hoxe, me dediquei a retocar algunhas cousas sobre as que cambiei de idea, como o menú inicial, e ademais  fixen un apartado de información onde se explica acerca do material. Non quero centrarme tanto en que sexa un material impresionante senón, máis ben, en poder introducir as cousas que vimos na clase, sen que quede moi excesivo. Sigo dándolle voltas á idea dun personaxe guía para a presentación e algo xa avancei respecto diso. Mañá reformularei outra vez as preguntas pois non as teño de todo claras e o luns continuarei avanzado introducindo os sons a ver que tal... 
Saúdos,
Pablo. 





jueves, 17 de abril de 2014

Pouco a pouco

Estamos en Semana Santa e con este tempo non apetece traballar moito pero hai que ir avanzando pouco a pouco para poder chegar a tempo. Hoxe decidín escoller o color de fondo do meu Power Point e fixen a primeira diapositiva. Ademáis disto esbocei nuns folios, como quería estructurar o material interactivo, para que non resulte excesivo nin aburrido. Tamén me puxen a probar os hipervínculos e os botóns de acción. E xa para rematar, decidín intentar colocar un personaxe guía, a ver se funciona ben!
Saúdos!



     

viernes, 11 de abril de 2014

Introdución

Aínda que non comecei a deseñar o material educativo, si escollín o nome do blog para evitar que colleran os mellores, nomes. Pouco a pouco irei poñendo neste blog todos os pasos e o día a día nos que leve a cabo algún tipo de avance na actividade 3.